Linguado Solea vulgaris
Habita en fondos cubertos de area ou lodo, deixando ao descuberto só os ollos. Viven a media profundidade, sobre os 100 metros, en temperaturas tépedas. Reprodúcese durante os meses invernais e os seus ovos son pelágicos.
É de hábitos principalmente nocturnos. A súa dieta é carnívora, alimentándose de pequenos peixes, crustáceos e invertebrados do fondo, sobre todo anélidos.
A súa carne é de delicado sabor e o filete sepárase da espiña con gran facilidade. O ferro é unha fórmula que na cociña vai moi ben.
Dimensións: 24 cm - 50 cm
Peso: 0.2 - 2 kg
Época Óptima de Pesca: de Xaneiro a Abril