O esforzo dos nosos pescadores por conservar a riqueza e a calidade das nosas augas mediante unha pesca responsable e o afán de ofrecer un servizo de calidade a os nosos clientes lévanos a formar esta agrupación de pequenos barcos que traballan de forma artesanal.
Constituída en Febreiro do 2009, a nosa cooperativa está composta por embarcacións con base en distintos portos galegos. Todos pescan “ó día”, nun radio inferior á 12 millas o cal nos permite ofrecer ós nosos clientes un producto de máxima frescura e debido á diversidade das artes da pesca que empregan, é posible abarcar unha ampla variedade de produtos propios.
MISIÓN:
Convencidos como estamos de que unha das claves de futuro dos nosos caladoiros galegos é a pesca artesanal do día, queremos lograr que as capturas teñan debidamente garantizado o enorme valor da frescura e recoñecido seu orixen galego.
VISIÓN:
Que a cadea de pesca responsable, respetuosa co medio ambiente e cos recursos naturais que perteñecen ás xeneracións futuras, sexa cuestión de todos, tamén dos consumidores. Entendemos por consumidores responsables aqueles que esixen tallas, calidade, frescura e bo trato do peixe dende que se captura no mar ata o seu consumo.
OBXETIVOS:
Alcanzar un equilibrio xusto entre calidade e precio para todos os implicados na cadena comercializadora.
Que os nosos clientes dispoñan de peixe e marisco garantizado 100% galego e que o tempo transcurrido dende a captura ata a entrega dos nosos productos sexa o mínimo posible mantendo a máxima frescura.
Conseguir que os nosos pescadores teñan unha conciliación entre vida laboral e familiar e que a pesca siga sendo unha opción laboral de futuro.
Colaborar e traballar na proposta de medidas que axuden a que a pesca sexa mais sostible e responsable cada día.