As redes de cerco utilízanse para a captura de peixes que o seu costume é nadar formando densos cardumens ou bancos de peces, xa sexa na superficie ou a media auga, en noso caso as sardiñas, cabala, xurel e ocasionalmente sargo e lubina.
Son artes que cálanse de forma vertical e rodean o banco de peixes ou cardumen, pero nunca tocan o fondo, traballan moi cerca da superficie. Consiste nun gran paño da rede de forma rectangular, que as dimensións varían entre 250 e 1000 metros de lonxitude e alrededor de 40 de profundidade.
Na parte superior da rede disponse dun número adecuado de flotadores que a manteñen en posición vertical, cando utilizase. Na parte inferior leva unha serie de plomos que axudan o mantemento vertical, contando ademais cun conxunto de aneles polos que pasa un cabo resistente chamado "xareta", que encargase de pechar a rede e por isto coñeces co nome de "rede de cerco de xareta".
Cando a embarcación chega a un lugar onde localizouse o cardumen, iniciase o calado da rede, tirando o auga un dos seus extremos que os cabos quedan a bordo do bote auxiliar, que describe un círculo rodeando á maioría dos organismos.
Unha vez terminada esta operación, os pescadores tiran de cada un dos extremos da xareta, conseguíndose deste modo pechar a parte inferior da rede y así formar un copo en onde queda atrapado o cardumen; despois, vaise cobrando o arte por un ou varios extremos, axudándose por medio de güinches, ata que os animais capturados quedan nun espazo mínimo. Sitúanse o cardumen no costado do barco e xa so queda levantalo a bordo.
houbo un gran desenrolo nos métodos de localización das especies peláxicas pero esta séguese realizando principalmente a simple vista, observando o brillo ou burbuxeo que producen os peixes cerca da superficie, operación coñecida como "ardora".
Tamén son importantes os métodos para concentrar ás poblacións de peixes, tomando en conta os estímulos que provoca o uso da luz, que reúne, por unha resposta positiva cara ela, aos diminutos compoñentes do plancton, principal alimento destos peixes pelágicos e que polo tanto os van a concentrar, facilitando su captura. Outro estimulante que se considera idóneo para lograr estas concentracións é a "raba", ova do bacalao ou das merluzas.