Sardiña Sardina pilchardus
De augas superficiais vive en temperaturas dende os 12 aos 24 grados formando grandes bancos. Un dos grupos de peixes pelágicos máis abundantes e distribuídos por todo o mundo.
Aliméntanse por filtración de plancto e ovos doutras especies. Alcanza a madurez sexual ao final do primeiro ano de vida.
É unha especie cuxa pesca está estritamente regulada pola Unión Europea.
Carne de excelente sabor. A súa pesca é moi importante desde o punto de vista económico e alimenticio.
Dimensións: 11 cm - 25 cm
Peso: 50 grs - 200 grs
Época Óptima de Pesca: De Maio a Outubro