Rape / Xuliana Lophius piscatorius
Viven no fondo oceánico ata máis de 500 m. É depredador, ten un cebo no extremo dun apéndice carnoso que sae da súa cabeza, co que atrae e captura a peces máis pequenos. Os seus dentes, dirixidos cara a dentro, evitan que a presa se escape. Aliméntase de crustáceos e peces de pequeno e mediano tamaño.
O Rape negro Lophius budegassa que adoita coñecerse como verdadeiro rape e a juliana distínguense pola cor do peritoneo (membrana da parede do estómago unha vez eviscerado) que na juliana é de cor branca. O rape negro é menos abundante e máis cotizado.
A súa carne é excepcional, compacta e moi saborosa. Só se come a súa cola, pero a cabeza aprovéitase para sopas e caldos polo seu sabor incomparable.
Dimensións: 50 cm hasta 2 m
Peso: 1,5 kg a 30 kg
Época Óptima de Pesca: Captúrase todo o ano