Palometa Vermella Beryx decadactylus
Corpo comprimido e alto, de cor roxo intenso. Ollos moi grandes. É un peixe semigraxo. Vive en augas profundas predominando a partir de 200 metros.
Son animais gregarios. Teñen un crecemento moi rápido durante o primeiro ano, pero logo ralentizanse moito. Alimentase de peixes, crustáceos e cefalópodos.
Moi cotizada a súa carne é de moi boa calidade.
Dimensións: 25 cm - 50 cm
Peso: 500 grs - 2 kg
Época Óptima de Pesca: Captúrase todo o ano