Merluza Merluccius merluccius
Sole frecuentar as proximidades do fondo sobre a plataforma continental e en cantil; encontrase a profundidades variables, é habitual que aumente o tamaño coa profundidade. En inverno están a máis profundidade que no verán.
É unha especie pelágica e predadora. De xóvenes se nutren de pequenos moluscos e crustáceos; cando son maiores aliméntanse de peixes máis pequenos como anchovetas, arenques ou lirios. Reprodúcese a finais do inverno e en primavera.
É uns dos pescados máis usados na nosa cociña.
Dimensións: 80 cm - 130 cm
Peso: 2 - 10 kg
Época Óptima de Pesca: Captúrase todo o ano